Entre os dentes

Entre os dentes

Lois Pérez

Entre os dentes, doentes recordos
que roen silentes a freba sensíbel,
o show agochado alén do balbordo,
cancións entre as tebras dun soño imposíbel.
Entre os dentes, palabras a centos,
que dean calor e suores hercianas,
e derretan a dor dos corazóns de cemento,
e lle dean razóns ás noites raianas.
Entre os dentes, os xoves á noite,
melodías serodias que, do lume da vida,
nos traian a Berry e Bukowski e alguén cos escoite,
nas ondas da radio dunha estrada prohibida.
Entre os dentes, aldea; de entre os dentes, cidade:
sabios, paletos, terrestres, marciáns...
Escorrichásenos a vida entre as mans
tecleando o dial da Radio Mocidade.

Categoría
magazin

Publicación
24/11/2011