Vota Nikochan!

Vota Nikochan!

Ioshu

"Este programa es de facinerosos" - Javier González, celtarra desbocado.
"Lo mejor del audiovisual mundial desde Liberad a Willy 3" - The Cambados Chronicle.
"Non escoitara nada tan rompedor nin potente. Só os clásicos como o primeiro disco de Gigatrón están á súa altura" - Israel of Sousa, crítico de todo.
"A xente da Rúa estamos encantados" - Nilo Mondelo, natural da bisbarra ourensana de Valdeorras.

Vota Nikochan! é o primeiro programa electoral da historia. Pioneiro coma poucos, quizáis está tan adiantado ó seu tempo coma Leonardo da Vinci na Italia medieval, e será tan incomprendido polos seus contemporáneos coma outros moitos visionarios. Se xa esta frase parece soberbia, debedes saber que o obxectivo desta emisión é aínda máis ambicioso: a total dominación mundial. Si, vota Nikochan! contribuirá, con todos os medios ó seu dispor (que non son poucos), á elección coma líder planetario absoluto do emperador espacial Nikochan, prócer distinguido, xenio militar e estadista de nivel galáctico. Cada programa ten un humilde fin: facerlle ver ao mundo, dun xeito humilde pero potente, que nestes tempos de oprobio e escuridade necesitamos da mente preclara e do bon facer dun persoeiro que nos ama tanto coma Nikochan, e que debemos prescindir da obtusa soberbia terrícola que nubla o noso xuízo, e que nos impide asumir que a solución para o noso planeta é deixalo nas mans dun alieníxena

Categoría
magazin

Publicación
02/04/2011